
Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela 28-31 de xullo de 2009
A espectacularización da culturaANTONIO ARIÑO VILLAROYA Catedrático de Socioloxía na Universitat de Vàlencia. Na actualidade é Vicerreitor de Converxencia Europea e Calidade nesta universidade. É membro do Consello Asesor da Revista Internacional de Sociología, da Revista Española de Sociología; así como de Papeles del CEIC e fundador da revista Arxius de Ciències Socials; Vicepresidente de la Federación Española de Sociología. As súas principais liñas de investigación teñen que ver cos ámbitos da socioloxía da cultura, as políticas de benestar social e o Terceiro Sector. Ten participado xunto con Xan Bouzada e Arturo Rodríguez Morató en diferentes seminarios e publicacións sobre políticas culturais.
ARTURO CASAS Profesor de Teoría da Literatura e Literatura comparada na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación centrouse no pensamento estético-literario contemporáneo, a teoría do poema, a intervención e o acto críticos, os estudios sistémicos, a metodoloxía da Historia literaria, a literatura do exilio e a poesía contemporánea no marco ibérico. É miembro do Equipo Glifo e coordinador do Grupo Alea de Análise Poética e do Centro de Investigacións sobre Escrituras e Procesos Emerxentes da USC, este último en proceso de constitución formal. Publicou ou editou un total de quince libros, varios deles en colaboración. Entre eles Elementos de crítica literaria, Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 e a base de datos de terminoloxía literaria DiTerLi do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
MARISA SOBRINO MANZANNARES É catedrática de Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela. Está especializada en arte das vangardas do século XX, novas tendencias, e escultura pública. Dirixíu catalogacións dos fondos artísticos de diferentes instituciónns como o Concello da Coruña (1985) ou a Diputación da Coruña" (1990), así como a equipos de investigación orientados cara ás novas tecnologías. Comisariou exposicións como "El proceso abstracto. Artistas gallegos 1950-1979" (1993); "De Asorey ós noventa. A escultura moderna en Galicia" (1997), ou "A creación do necesario. Aproximacións ao deseño do século XX en Galicia" (Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 2004). Coordina a Ponencia de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega e dirixe o Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC..
YOLANDA PÉREZ SÁNCHEZ Doutora en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre o Balneario de Mondariz, arquitectura e sociedade. Profesora de Historia de Arte na Universidade de A Coruña e no Centro da UNED en Lugo. As súas investigacións céntranse en arquitectura contemporánea, teoría da arquitectura. Pertence ao grupo de investigación Arte e Estética Contemporánea, da Universidade de Santiago de Compostela.
PEDRO DE LLANO CABADO Arquitecto e profesor de Composición na Escola Técnica Superior da Universidade da Coruña. Os seus traballos se investigación foron dirixidos ás figuras máis relevantes do Movemento Moderno e a arquitecyura popular. Entre os seus principais traballos no eido da investigación destacan: Alejandro de la Sota. O nacemento dunha arquitectura (Deputación de Pontevedra, 1994), Arquitectura Popular en Galicia (COAG, 1983, reeditado recentemente) ou Le Corbusier. Viaxe ao mundo dun creador (Fundación Pedro Barrié, A Coruña).
IÑAKI ESTEBAN É licenciado en Filosofía pola Universidad de Deusto e ampliou estudios na Concordia University de Montreal (Canadá), onde tamén foi profesor. É xornalista de El Correo de Bilbao, e imparte clases no máster de Xornalismo do periódico e da Universidade do Pais Vasco. Colabora en diversos programas de radio e en publicacións culturais. Tamén mantén o blog Divergencias. É autor de Libertad y sentido en las sociedades democráticas, Premio Miguel de Unamuno 2003, coautor de Bilbao de cine e participou no Diccionario de la existencia xunto con relevantes filósofos internacionais. En 2002, o Gremio de Editores de Cataluña outorgoulle o Premio Atlántida como mellor articulista do año. Autor de El efecto Guggenheim. Del espacio basura al ornamento (Anagrama, 2007) no que se analizan as relacións entre a arquitectura espectacular de Frank Ghery, as novas formas de políticas culturais e o turismo.
ANTÓN LOPO Escritor, artista plástico e crítico cultural, coordinou o suplemento de Letras do xornal El Correo Gallego. É autor dos libros de poesía Suxos e desleixados (1987), Manual de Masoquistas (1990), as novelas As reliquias (1991), OM (1996) e Ganga (2001), e o ensaio Bigorrafico As tres mortes de Lorenzo Varela (2005). Baixo distintos nomes e en diferentes colectivos, desenvolveu un traballo que abrangue a música, a plástica ou o teatro. É cofundador do Laboratorio de Indagacións Poéticas e autor do poemario oral Prestidixitador (2001), concibido como unha experiencia singular onde o propio poeta é o único soporte da obra. Desenvolveu varios ciclos como activista e performer, entre eles O lugar, no que mediu Compostela co seu corpo e co Festiclown percorreu Chiapas nunha montaxe de apoio ás bases zapatistas.
CHIU LONGINA Antropólogo. Estudos de Musicoloxía. Artista sonoro e creador de espazos acústicos. Coordinador das propostas sonoras do Festival de Arte Sonora IFI de Pontevedra (Fac.Belas Artes) con outros membros. Co-fundador e membro do colectivo SINSALaudio de Vigo. Actualmente traballa nun proxecto de investigación de Antropología do Son iniciado no Centro de Creación Experimental de Cuenca, na Facultade de Belas Artes da Universidade de Castilla La-Mancha, trasladado á Facultade de Belas Artes de Pontevedra [escoitar.org]. Doctorando e membro do grupo de investigación Tracker, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Coordina o proxecto de teletipos digitais [mediateletipos.net], e o portal de Arte Sonora en España [artesonoro.org]. Membro da Comunidade/Asociación de artistas dixitais Alg-a [alg-a.org].
JUAN MARTÍN PRADA Profesor de Teoría e Medios da Imaxe na Facultade de CC. Sociais e da Comunicación da Universidad de Cádiz. É autor, entre outros, dos libros La apropiación posmoderna. Arte, práctica apropiacionista y Teoría de la posmodernidad (ed. Fundamentos, 2001) y Las nuevas condiciones del arte contemporáneo (Briseño, 2003). Colaborou en revistas como Red Digital, Papiers d'art, Transversal, EXIT Books, EXIT Express, Mecad e-Journal, Re-Public ou no suplemento Cultura/s de La Vanguardia, de Barcelona. Os seus últimos proxectos de comisariado foron as mostras de net.art Vínculo-a. Políticas de la afectividad, estéticas del biopoder para MediaLabMadrid y Donde y Durante (Madrid 2006). Desde 2006 é director da plataforma Inclusiva-net de Medialab-Prado (Madrid).
MARTÍ PERAN É Profesor de Teoría da Arte da Universidad de Barcelona. Colabora habitualmente en prensa e revistas especializadas (El País, Exitexpres,...). Foi membro do consello de redacción de “Transversal. Revista de Cultura Contemporánea” (1996-2002). Dirixíu talleres de crítica de arte así como encuentros (“Presente Continuo. Producción artística y construcción de realidad”, 2001 e 2002, con Rirkrit Tiravanija, Santiago Sierra, Fabryce Hybert,…). Como comisario de exposicións, entre os seus últimos proxectos pódense salientar “Arquitecturas para el acontecimiento” (EACC, Castellón, 2002); “Stand by.Listos para actuar” (Mexico D.F., 2003); “Mira como se mueven.4 ideas sobre movilidad” (Fundación Telefónica, Madrid, 2005), “Glaskultur. ¿Qué pasó con la transparencia?” (San Sebastián, 2006) e o proxecto “Ciudades Ocasionales” que se presentará no CCCB (Barcelona) en 2008. É director do programa “Roundabout. Encounter Program” de intercambios internacionales entre Barcelona e outras cidades..
JESÚS M. GONZÁLEZ PÉREZ Doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesor Titular na área de Análise Xeográfica Rexional na Universidade das Illas Baleares. É especialista en Xeografía Urbana, Ordeación do Territorio e Planeamiento Urbano, temáticas sobre as que imparte docencia en doutorados e másteres das universidades de Illas Baleares, Barcelona e Santiago de Compostela. Pertence, entre outros, ao Grupo de Investigación Sostenibilitat i Territori (GIST) e é membro do Observatori Social de les Illes Balears (UIB) e do Observatori Sostenibilitat i Territori (UIB). Os seus traballos apareceron en libros e revistas científicas de Reino Unido, Francia, Xapón, Estados Unidos, Eslovenia, etc. Desde o ano 2006 é Vicepresidente do Grupo de Xeografía Urbana da Asociación de Geógrafos Españoles. Actualmente é asesor do Consorcio Urbanístico de la Platja de Palma.
JOSÉ MARÍA DURÁN MEDRAÑO Doutor en Historia da Arte (UNED), é docente no Instituto de Historia da Arte da Universidade Libre de Berlín; tambén forma parte do grupo de investigación en torno a O Capital no Instituto de Filosofía desta universidade, baixo a dirección do profesor Frieder Otto Wolf. Publica regularmente para as revistas A Trabe de Ouro, Nómadas e ArtNotes, da que é corresponsal en Berlín. Conta con numerosas contribucións en congresos internacionais, entre os que cabe destacar: “Rethinking Marxism”, “Cultural Studies Association” e “Actuel Marx”. De recente aparición é o seu libro Hacia una crítica de la economía política del arte (Plaza y Valdés, Madrid, 2008) sobre as conexións entre arte e ideoloxía.
FEDERICO LÓPEZ SILVESTRE Profesor de Historia das Ideas Estéticas e doutor en Historia da Arte. Actualmente dirixe con Javier Maderuelo e Joan Nogué a colección “Paisaje y teoría” da Editorial Biblioteca Nueva. Así mesmo, é coordinador (con María Luisa Sobrino Manzanares) da liña de traballo denominada “A construcción da paisaxe”, do Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela). As súas investigaciones xiran en torno á noción de paisaxe, as ideas estéticas e o cambio de percepción provocado polas novas tecnoloxías no mundo contemporáneo. Publicou os libros El paisaje virtual. El cine de Hollywood y el neobarroco digital (Madrid, 2004), El discurso del paisaje. Historia cultural de una idea estética en Galicia (Santiago, 2005), e en preparación Horizonte sensible (Biblioteca Nueva). Encargouse da edición do volume Nuevas visiones del paisaje. El eje atlántico (Santiago, 2006).
MIGUEL ANXO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ Profesor de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, está especializado en Teoría da Arte e Arte Contemporánea. As súas primeiras investigacións centráronse na escultura galega contemporánea. Presentou a súa tese de doutoramento, tamén sobre este tema, no ano 2004. Outras liñas de investigación que está a seguir nestes últimos anos diríxense ao estudio das relacións entre arte, institucións e ideoloxía, e á formación artística. Publicou en 2000 o libro S-Hertogenbosch-Sargadelos. A creación en cerámica a través de dúas institucións (Do Castro) e traballou na coordinación do volume Espazos de creación contemporánea (Auditorio de Galicia, 2005). Ten publicado, entre outras, nas revistas Matèria (Universitat de Barcelona), Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte (U. Autónoma de Madrid), A Trabe de Ouro, Arte y Parte e ArtNotes.
EMANUELA SALADINI Licenciada en Letras e Filosofía pola Università degli Studi de Milán, é Doctoranda en Historia da arte na USC. Especializada en Estética e Arte Contemporáneo, realizou as súas estancias de investigación no CRAL (Centre de récherche sur l'art et le langage) da Université III de París e na Universidade de Berkeley, California. É coautora do libro Santiago de Compostela, Arquitecturas do Século XX, COAG, 2001 e coresponsable, xunto con Yolanda Pérez Sánchez e Miguel Anxo Rodríguez González da coordinación do volume Espazos de creación contemporánea, Auditorio de Galicia, 2005. A súa investigación está centrada no estudo da relación entre tempo e produción artistica contemporánea. Colabora coas revistas ArtNotes e Artecontexto.
PRESENTACIÓN PROGRAMA PARTICIPANTES MATRICULA FORO