
| Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela 28-31 de xullo de 2009 A espectacularización da cultura PRESENTACIÓN O concepto de cultura veuse sometido nas últimas décadas a unha profunda revisión, provocada en boa medida polos cambios da sociedade mesma. O auxe da sociedade de masas derivou no desenvolvemento das industrias culturais e no aumento de recursos para as institucións que xestionan a cultura. Aumentaron os públicos e os intereses economicos e, de igual xeito, a relación entre arte, patrimonio e turismo fíxose máis estreita que nunca. Por outra banda, foron aparecendo voces críticas fronte á “espectacularización” da cultura e debuxáronse estratexias alternativas en forma de colectivos e redes, buscando a participación dos individuos e o debate para responder a esixencias reais dunha sociedade plural. Estamos a asistir a unha escisión no ámbito da cultura, entre o espectáculo e a crítica? Hai comunicación e relacións entre os actores destas dúas “versións” da cultura? Este curso de verán pretende abordar, desde unha perspectiva multidisciplinar, os procesos actuais de irrupción da cultura na sociedade. Xornalistas, creadores, profesores de socioloxía, arquitectura, literatura, historia da arte e xeografía estudiarán os procesos de espectacularización na creación e nas políticas culturais dos nosos días, as relacións entre cultura e economía, e a dialéctica entre cultura espectacular e cultura crítica.
|
PRESENTACIÓN PROGRAMA PARTICIPANTES MATRICULA FORO